A pontesa Malena Mieres ficha polo Real Betis para xogar en Primeira

TerraChaXa
O Real Betis Mulleres e Malena Mieres chegaron a un acordo para a fichaxe da gardameta pontesa ata xuño de 2024.
MALENA MIERES AS PONTES BETIS
28 Xul 2022

O Real Betis Mulleres e a pontesa Malena Mieres chegaron a un acordo para a fichaxe da gardameta ata xuño de 2024.

Malena Mieres García (As Pontes, 29/03/2000) asina dúas tempadas procedente da SD Eibar, club onde se formou as tres últimas tempadas.

Neste último curso, disputou 15 partidos en Primeira Iberdrola; todos como titular. Ademais do Eibar, anteriormente pasou polo Deportivo Abanca (2016/2019) e deu os seus primeiros pasos no fútbol no PM Friol.

A nova xogadora verdibranca foi campioa de Reto Iberdrola e conseguiu o ascenso a Primeira co Deportivo Abanca na 2018/19. Ademais, fixo o propio un ano despois (2019/2020) na SD Eibar.

En 2018, Malena tamén foi campioa coa Selección Española no Europeo Sub-19 celebrado en Suíza, onde coincidiu con Rosa Márquez.

0.11493897438049