A pontesa Medos Romero recolle o XIX Premio de Poesía Afundación
A pontesa Medos Romero recibiu onte o XIX Premio de Poesía Afundación, dotado con 6.000 euros, polo seu poemario E ou sol era Ela
A escritora resultou escollida polo xurado entre as más de 40 propostas que se presentaron este ano e que "dan mostra da gran calidade literaria das novas xeracións en Galicia e que, grazas a certames como o Premio de Poesía, contan cun impulso que alente a súa dedicación á palabra escrita. O Sol era ela concíbese como un poemario épico-lírico a través do cal a autora fai un percorrido vital na procura de si mesma", definiu o xurado.
O acto celebrado na sede ferrolá da Afundación contou coa presenza, entre outros, do director xerente da institución, Pedro Otero; e do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
A escritora, que traballa como enfermeira no Centro de Saúde das Pontes, recitou no acto algúns dos poemas recolleitos na obra premiada, que será publicada na colección Arte de trobar e recibirá 6.000 euros e premio.
O premio de Poesía a Fundación, comezou o seu percorrido no ano 2002. Neste tempo resultaron gañadores os poetas galegos Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo, Miguel Sande ou Orianda Méndez, gañadora da anterior convocatoria.