A praia de Area xa conta coa súa bandeira azul

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá procedeuse ao izado da Bandeira Azul e da Bandeira Q de Calidade na praia de Area, uns distintivos de recoñecido prestixio que avalan a calidade das súas augas e os servizos prestados.
Terrachaxa176_agosto2018_portada
17 Xul 2020

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá procedeuse ao izado da Bandeira Azul e da Bandeira Q de Calidade na praia de Area, uns distintivos de recoñecido prestixio que avalan a calidade das súas augas e os servizos prestados.

A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.

O areal urbano de Covas, con case 2.000 metros de lonxitude, tamén conta co recoñecemento da Q de Calidade.

No izado destas bandeiras estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Turismo, Marisol Rey; e o 1º tenente de alcalde e concelleiro do Mar, Jesús Fernández; ademais do xefe de Protección Civil, os socorristas do areal e a técnica de medio ambiente municipal. Loureiro aproveitou a ocasión para destacar “a calidade dos distintos areais existentes no Concello de Viveiro”.

0.13334083557129