A praia do Lago das Pontes pasa a ser un espazo sen fume trala firma de un convenio entre Concello e a AECC

TerraChaXa
Ambas entidades impulsarán durante dous anos accións para fomentar o abandono do tabaco e crear espazos máis saudables
praia-lago-das-pontes-espazo-sen-fume
5 May 2025

Concello das Pontes e a Asociación Española Contra o Cancro formalizaron a sinatura dun convenio de colaboración para a creación dun Espazo Sen Fume no municipio: a Praia do Lago. A iniciativa enmárcase dentro da campaña ‘Espazos Sen Fume’ promovida pola Asociación, que busca protexer a saúde pública e concienciar sobre os perigos do tabaco e dos novos dispositivos de vapeo.

O convenio asinado entre o Concello das Pontes e a Asociación Española Contra o Cancro terá unha vixencia de dous anos e contempla a realización de diversas accións para fomentar o abandono do consumo de tabaco e de vapeo no municipio.

Para dar visibilidade ao novo espazo, instalouse sinalización específica na zona por parte do Concello que foi presentada o sábado, 3 de maio, contando coa participación
participación de Tania Pardo Cabarcos, concelleira-delegada da Área de Benestar Social e representantes da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro nas Pontes

Ademais, dispúxose dun “Córner Sen Tabaco” como punto informativo no que se distribuíron materiais divulgativos sobre os efectos nocivos do tabaco e dos dispositivos electrónicos, acompañado de dinámicas interactivas dirixidas a todos os públicos.

Esta acción tivo lugar de maneira simultánea á celebración do evento de bicicletas trail, III Xco Vila de As Pontes, ao que asistiron numerosas familias e mozos e mozas para reforzar a mensaxe de prevención e promoción de hábitos de vida saudables.

Tania Pardo, durante esta presentación, sinalou que “ coa declaración da Praia do Lago como Espazo Sen Fume, As Pontes dá un paso adiante na súa aposta por unhas contornas máis saudables e na loita contra o tabaquismo, sumándose aos obxectivos da Comisión Europea de reducir a porcentaxe de fumadores a menos do 5% en 2040”.

Desde a Asociación Española Contra o Cancro, recordan que o tabaco é responsable de 1 de cada 3 casos de cancro e está relacionado con ata 16 tipos distintos da enfermidade, incluíndo o cancro oral, que representa un 33% dos casos. Nese sentido apuntan que a creación de espazos libres de fume contribúe a protexer a saúde da poboación, especialmente a dos menores, e a desnormalizar o consumo de tabaco e outros dispositivos en espazos públicos convivenciais.

⚙ Configurar cookies
0.16607809066772