A praza Coronel Pena de Vilalba recupera a súa emblemática farola

TerraChaXa
A emblemática farola da praza Coronel Pena de Vilalba volve lucir no medio da mesma trala súa reparación por parte do Concello e tras uns corenta anos sen a presencia desta luminaria que lle dera o nome á praza.
Captura de pantalla 2020 08 18 a las 10.06.54
19 Ago 2020

A emblemática farola da praza Coronel Pena de Vilalba volve lucir no medio da mesma trala súa reparación por parte do Concello e tras uns corenta anos sen a presencia desta luminaria que lle dera o nome á praza.

A intención desta actuación segundo explica o Concello, que tivo un custo duns 3.000 euros, era "intentar recuperar o casco antigo de Vilalba e devolverllo ás persoas e seguir sendo fieis ás propostas que presentamos nun principio".

A nova farola conserva a estética da anterior, con cinco brazos e unha coidada estrutura, aínda que neste caso conta con sistema de luz led que permite un maior aforro enerxético e unha mellor calidade lumínica. Ademais do seu contido histórico, a farola aportará luz a unha zona escura e serve para continuar co proxecto de humanización de espazos.

117257998_2742494125969907_5871742860275403004_o
0.15060591697693