A praza de pediatra nas Pontes será cuberta, de xeito temporal, dende o luns

TerraChaXa
O próximo luns, 3 de febreiro, restablecerase o servizo de pediatra no centro de saúde do concello das Pontes coa incorporación, de forma temporal, dun novo/a pediatra que dará cobertura á praza vacante por baixa médica.
1 Feb 2020

O próximo luns, 3 de febreiro, restablecerase o servizo de pediatra no centro de saúde do concello das Pontes coa incorporación, de forma temporal, dun novo/a pediatra que dará cobertura á praza vacante por baixa médica.

Desde o Concello das Pontes, a concelleira de Benestar Social, Tania Pardo remarca que “trátase dunha solución inmediata pero non definitiva polo que desde o Concello seguiremos reclamando que o servizo se preste con absolutas garantías, cubríndose a praza de xeito permanente”.

A concelleira confirmou que en próximos días manterá unha xuntanza coa xerencia da área sanitaria de Ferrol para abordar estas cuestión polo miúdo e tratar de atopar unha solución que permita garantir que os nenos e nenas da vila teñan acceso a unha atención sanitaria de calidade.

A concelleira tamén apuntou que o pleno extraordinario urxente, anunciado para o luns, para solicitar que o goberno autonómico cubrise á praza vacante, de forma urxente e inmediata, se suspende ante a solución aportada pola xerencia sanitaria, insistindo en que “Concello das Pontes non cesará non seu empeño para evitar a precarización e a perda dun servizo público básico e fundamental, como é a sanidade e tomaremos as medidas necesarias no caso de que non se garanta o servizo de pediatría, nas condicións precisas, no centro de saúde das Pontes”.

0.19403600692749