A praza do Conde Santo de Lourenzá acollerá a festa do Día da Biblioteca
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Out 2019
Este xoves, día 24, ás 12.30 horas, co gallo da celebración do Día da Biblioteca, a biblioteca municipal Juana de Ibarbourou e a do CEIP Juan Rey celebrarán un acto conxunto na Praza do Conde Santo onde se lerá un manifesto e O conto máis longo do mundo, escrito e ilustrado polos alumnos e alumnas do colexio laurentino.
O Concello de Lourenzá obsequiará aos nenos e nenas participantes con agasallos conmemorativos do día.