A praza do Conde Santo de Lourenzá acollerá a película 'María Solinha'
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O xoves 3 de setembro, ás 21.
31 Ago 2020
O xoves 3 de setembro, ás 21.30 horas, na praza Conde Santo de Lourenzá, poderase desfrutar da proxección da película María Solinha, do director Ignacio Vilar.
Estará o director da película que a presentará e despois dirixirá un pequeno coloquio entre os asistentes.
Un afamado director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.