A praza viveirense de Pastor Díaz viuse ateigada en apoio pola venta de Alcoa
TerraChaXa | LugoXa
A praza viveirense de Pastor Díaz viuse ateigada de cascos rotulados coa marca de Liberty House, a posible compradora da factoría cervense.
6 sep 2020
A praza viveirense de Pastor Díaz viuse ateigada de cascos rotulados coa marca de Liberty House, a posible compradora da factoría cervense.
Estes cascos atopábanse distribuídos polo chán e a espera de que a xente que ía participar na xuntanza programada para hoxe ás 11.30 chegase a praza.
Máis tarde, o espazo encheuse de asistentes en apoio aos traballadores que estiveron coreando as súas míticas frases ao ritmo que marcaba o comité de empresa.
A data límite para acadar un acordo de venda é o 27 de setembro.