A presenza imprescindible das orquestras nas festas vilalbesas
TOKIO. Sábado 24 de agosto ás 14.00 e ás 22.30 horas.
No ano 1999, unha familia dedicada á música de forma separada decidiu xuntarse creando esta orquestra, sendo concibida como unha orquestra de baile, que a día de hoxe incorpora desde un merengue ata o reguetón tan típico dos tempos que vivimos, xuntos crean noites de festa, baile, espectáculo inesquecibles, inimitables e diferentes.
GREESE. Sábado 24 de agosto ás 14.00 e ás 22.30 horas.
Orquestra musical que fixo un oco na súa axenda para animar as festas de Vilalba coa súa música e bailes do máis entretidos.
GRUPO M3. Domingo 25 de agosto ás 14.00 horas.
Este grupo musical, composto por 10 integrante (catro voces, dúas bailarinas e catro de ritmo) conta cun amplo repertorio adaptable a todo tipo de eventos e que nunca falla non seu obxectivo de facer desfrutar á xente con cancións do máis pegadizas.
DÚO VENUS. Mércores 28 na sesión vermú.
É un dúo musical formado por Suso e Marisol, expertos na amenización de todo tipo de eventos en Galicia desde fai moitos anos. Destacan por intentar adaptar o seu repertorio ao público, para que non sexa sempre igual e poder contentar a todos.
STÉREO. Sábado 31 ás 14.30 e ás 22.30 horas.
A orquestra Stéreo nace cun obxectivo claro, o de facer gozar ao esixente público da verbena. Con máis de 10 anos de traxectoria percorreron gran parte da xeografía nacional e un pouco da internacional.
É unha orquestra dinámica que se desenvolve ben en calquera parte xa que conta cun amplo repertorio adaptado a cada zona, facendo sempre partícipes aos asistentes en cada actuación.
TANGO. Sábado 31 ás 22.30 horas.
Na xira polo seu 35 aniversario, o Grupo Tango ofrece un espectáculo cheo de sorpresa e, do máis importante, de música de todos vos estilos que fará desfrutar e bailar aos veciños da localidade.
Conta con tres camións, 30 metros de escenario, 14 compoñentes en escena, 7 técnicos de montaxe, 2 técnicos de luces e 1 técnico de son, robots e pantallas LED renovadas de ultima xeración.
PONTEVEDRA. Domingo 1 de setembro ás 14.30 e ás 22.30.
Expertos en sesións vermús e verbenas co seu variado repertorio, a orquestra Pontevedra fai unha parada en Vilalba na súa xira de 2024 para convidar aos vilalbeses con ritmos do máis animados.
GRUPO BEATRIZ. Domingo 1 de setembro ás 22.30 horas.
Tras 17 anos como Beatriz e o seu acordeón, en 2015 nace Grupo Beatriz, composto por 8 compoñentes (dúas voces masculinas, dúas voces femininas, dúas bailarinas, un bailarín, un teclista, unha acordeonista, un técnico de iluminación, son e vídeo e dous técnicos de montaxe).
Contan con 13 traballos discográficos, cancións propias e tamén versións, ademais dun tráiler escenario e montaxe.
FUEGO. Sábado 7 de setembro ás 14.00 e ás 22.30 horas.
Nova orquestra de Coruña, formada por 4 cantantes e 5 músicos, con moita frescura e dinamismo. Os espectadores destacan a súa proximidade co público e o bo ambiente que se respira.
CLAXXON. Sábado 7 de setembro ás 22.30 horas.
Grupo musical galego que nace en 2012 coa boa música como principal obxectivo. Un percorrido polos mellores temas do rock e pop, desde os anos 70 ata a actualidade, con personalidade propia, acompañados dunha gran montaxe espectacular de iluminación e son.
LA TRAVESÍA. Domingo 8 de setembro desde as 14.00 ata as 19.00 horas.
La Travesía é unha orquestra de Vigo fundada no 2022 é formada por catro cantantes, catro músicos de ritmo e dous metais; que non pasarán inadvertidos nas patronais deste ano.
DÚO ESTRELLAS. Domingo 8 de setembro desde as 14.00 ata as 19.00 horas.
Son un dúo de Vilalba formado por Ana e David Fanego, ámbolos dous autónomos e cantantes profesionais coñecidos pola súa participación no concurso Recantos da Televisión de Galicia.
Comezaron a súa andaina como dúo no ano 2012, levando desde entón un bo ritmo de traballo e alcanzando sempre o éxito nas súas actuacións, pois “nos esmeramos en crear un clima agradable, festivo e alegre”.