A presidenta do colectivo de emigrados a Cuba visita Riotorto
TerraChaXa | AMariñaXa
A presidenta da Sociedade de Emigrados de Riotorto en Cuba, Laura Hérnández, visitou esta semana a localidade para estreitar lazos.
17 Jul 2022
A presidenta da Sociedade de Emigrados de Riotorto en Cuba, Laura Hérnández, visitou esta semana a localidade para estreitar lazos co Concellos.
As representantes dos emigrados mantivo unha reunión no Concello con varios veciños, que acudiron a coñecer sobre os seus familiares.
Este colectivo creouse en 1915 en La Habana polo que os socios, uns 350, son agora fillos e netos dos emigrados. A súa función principal é manter no país caribeño as danzas tradicionais, os costumes e a cociña desta comarca mariñá.
O obxecto desta reunión é retomar as relacións entre os vecios do concello e os descendentes dos que emigraron a Cuba.