A Primeira Autonómica prepara a tempada aínda sen data de comezo
A Primeira Autonómica quenta motores e xa os esquipos teñen na súa maioría perfilado como serán os seus equipos esta tempada, tempada da que aínda se descoñece a data de inicio.
XOVE LAGO
No Xove Lago a renovación de Bruno Gómez como adestrador, acompañado de Adri Gómez, unha tempada máis levou consigo a renovación de todo o plantel de xogadores, condición que puxo o míster para continuar no club verde. Ademais, hai unha aporta forte pola canteira.
ED LOURENZÁ
O conxunto local volve apostar pola canteira á hora de reforzar un equipo que volverá a competir ao mando de Roberto Ramallal. O conxunto estará formado por Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín, Paulo, Clemente, Jorge, Bugui, Álvaro, Suso Foro, Álex, Pichi, Arruñada, Aitor, Pablo, Hermida, Diego e Barreira.
Destaca a volta do meta Pablo Catañeda e a incorporación dos tres xuvenís Hermida, Diego e Barreira.
BURELA SD
O Burela afronta unha nova tempada en Primeira con novos fixaches, como os de Iván Fernández Méndez, Xoel González Chao (Macli) e Ismael Gómez Rodríguez, procedentes do Viveiro. Tamén foi fichado Francisco Mariño Pérez (Kiko) como gardameta
Renovan Simón Matínez, capitán que tamén será adestrador dos alevíns; Ángel Basanta Lage, Diego Chao Pérez, Jairo López García, o porteiro Tomás Fernández Fidalgo, Alejandro Esquerdeiro Cabarcos, Pablo Vila Quelle, David Ben Rivas e os capitáns Cristian Iglesias Martínez e Jairo Campo Vázquez.
Dende a canteira ascenden ao equipo sénior Gilson Lopes, Saul Deán e Jairo Ares.
Todos estarán ao cargo de Luis Salgueiro Gómez, Luchi, que dirixirá ao equipo sénior xunto a Petete.
UD FOLGUEIRO
O Folgueiro tamén renovou as súas filas. Así, entre os fichaxes destaca a volta de Marcos Paguato e Mario Gómez e o ascenso dende o xuvenil de Bruno López.
Renovan Diego Cora, Dieguito, Renato, Quique, Borja, Lomba, Miguel, Iago, Martínez, Álex Yáñez, Oki, Zeus, Kiños, oBarri, capitán Pedro, o pichichi Aurelio e Joni en Javi na portería.
O equipo tamén estrea adestrador, concretamente Anxo Fernández, que volve ao equipo tras un ano fóra.