A Proba de Orientación a de Lourenzá será este domingo
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Mar 2020
A primeira Proba Popular de Orientación a pé Concello de Lourenzá, celebrarase este domingo, día 8, conta con 154 rexistrados.
Está organizada conxuntamente polo Club Atletismo Lourenzá e o Club Fluvial de Lugo, coa colaboración do Concello de Lourenzá e as Escolas Deportivas Lourenzá.
O inicio deste evento deportivo terá lugar ás 10.30 horas e o peche de meta será ás 12.45 horas. Haberá tres categorías: Iniciación Curta (menores de 10 anos, con 12 balizas), Iniciación Longa (para maiores de 10 anos, con 14 balizas), e avanzada/adestro federados (con 22 balizas).
Ás 10.00 horas, previamente á saída, daránselles instrucións aos corredores noveis nas probas de orientación. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.