A Protectora de Animais Valadouro Alfoz fai unha chamada pública de axuda para sufragar gastos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Asociación Protectora de Animais Valadouro Alfoz fixo unha chamada pública nas redes sociais de axuda, "dependemos dos donativos para poder continuar", escribiron nas redes.
81651321_1445887405566134_8111027536424599552_o
19 Out 2020

A Asociación Protectora de Animais Valadouro Alfoz fixo unha chamada pública nas redes sociais de axuda, "dependemos dos donativos para poder continuar", escribiron nas redes.

"Como todos sabedes non estamos a pasar un bo momento. As instalacións seguen en estado semi ruinoso, por iso non temos nin subenciones nin axudas económicas de ningunha administración pero seguimos tendo os nosos animais e axudando a todos os posibles", din dende a protectora.

"Agora mesmo debemos na residencia desde o 19 de agosto ao 19 de setembro (540 euros por estancia de Bonita, Castro e Astra) ao falecer Astra do 19 de setembro en diante debemos só a estancia de 2 cans que o 19 de outubro serán 360 euros. E agora mesmo debemos no veterinario 1.031,77 euros", engaden.

As personas que poidan e desexen axudar poden facelo na conta bancaria de Abanca ES62 2080 0117 1530 4000 9618. Tamén podern contribuir sumándose ao chamado teaming, o que supón axudar cun euro ao mes. Pódese facer dende esta ligazón.

 

0.18595409393311