A provincia chega ao milleiro de casos activos con Viveiro sen control

TerraChaXa | AMariñaXa
15 Xan 2021

A provincia de Lugo segue en plena expansión da pandemia tocando xa o milleiro de casos novos que este venres son 992, 47 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 55). Rexistráronse neste tempo 75 contaxios novos (onte foron 97) mentres que as altas chegaron ás 6.918, 37 máis que o xoves (o día anterior foron 43). As cifras ofrecen unha visión da provincia en continuo empeoramento.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 8.065 casos rexistrados e 150 persoas falecidas, trala morte dun novo usuario da residencia da Pastoriza.

Ademais, a presión hospitalaria segue a subir aínda que lentamente. A UCI do Hula acolle 3 pacientes e rexistrouse unha hospitalización máis nas zonas de planta, con 13 no Hula (1 máis), 14 no Hospital da Mariña e 5 no Hospital de Monforte.

COMARCA

Na comarca mariñá a situación empeora no occidente. Viveiro chega aos 238 casos, 12 máis que onte. Xove, que levaba varias xornadas estabilizado e onte tivo un repunte, rebaixa de novo as cifras con 110 casos activos, tres menos que onte. Preocupa agora a situación no Vicedo tamén, onde soben ata os 15 casos, tres máis que onte, unha porcentaxe moi alta para o seu volume de poboación.

Burela rebaixa dous casos e ponse en 50 e Cervo mantén os 18. Ribadeo, con novos positivos no asilo sobe ata os 25 casos, seis máis que onte.

O resto de concellos mariñaos teñen baixa a incidencia e só Lourenzá se mantén sen casos novos de covid na última quincena.

No resto da provincia a situación Vilalba e A Pastoriza seguen sumando casos pero de forma máis lenta. No sur, un novo gromo por unha festa familiar mantén a atención en Monforte e Sarria, mentres Chantada Lugo manteñen a estabilidade.

0.16044306755066