Catro centros educativos da provincia e As Pontes estrean club de ciencias
Preto de 7.200 alumnos de 205 centros aprenden este curso as posibilidades das ciencias e a tecnoloxía a través do programa Club de Ciencia da Xunta de Galicia, cuxa resolución figura no Portal Educativo e que supón a incorporaron 42 novos centros e máis de 1.200 estudantes.
Os centros seleccionados tiveron que presentar un proxecto coas tarefas que desenvolven no programa. Cada un deles conta cun profesor coordinador e profesores colaboradores que poderán certificar 30 horas ou 20 horas, respectivamente, en innovación educativa. O orzamento total destinado para este curso ascende a 200.000 euros.
O obxectivo do Club de Ciencia é impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a rapazada. Para iso, promóvense capacidades, coñecementos e técnicas para aumentar o interese dos participantes en diversos campos da ciencia e a súa aplicación na tecnoloxía. A creación destes contornos de aprendizaxe impulsa vocacións no ámbito da ciencia, as matemáticas, a enxeñaría e a tecnoloxía e encamiñan o alumnado a estas titulacións.
A actuación enmárcase na Estratexia Educación Dixital 2030 da Consellería de Educación co obxectivo de mellorar as competencias dixitais e científico-tecnolóxicas do alumnado. Os 42 centros de nova incorporación este ano académico na provincia de Lugo son o CPI Virxe do Monte de Cospeito, o IES Río Cabe de Monforte de Lemos, o IES Enrique Muruais da Pontenova e o IES Basanta Silva de Vilalba.
Tamén estrea club o IES Castro da Uz das Pontes.