A provincia reduce casos activos e novos contaxios

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mapa galicia alertas
26 Feb 2021

A provincia rexistrou hoxe unha importante caída de casos e de novos contaxios malia no modificar o estado dos concellos que xa estaban en alerta.

Así, hoxe son 631 casos activos, que son 71 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 46. Volven a crecer as altas mentres os contaxios novo baixaron de forma contundente.

De feito, rexistráronse nas últimas 24 horas 9 casos novos (onte foron 22). Ademais, as altas chegaron ás 10.824, 83 en 24 horas, o día anterior foron 77.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.663 casos rexistrados e 203 persoas falecidas, unha máis, un home de 74 anos en Lugo.

A presión hospitalaria manten os datos xerais de onte. Na UCI do Hula hai 13 ingresados, e en planta hai 27 enfermos, 21 no hospital de Lugo, 3 na Mariña e 2 en Monforte. O Polusa de Lugo segue cunha persoa ingresada.

POR COMARCAS

A Mariña

A Pontenova segue con 11 casos e en alerta media mentres a incidencia segue a disminuír con seis concellos limpos de covid.

  • Viveiro volve baixar, un, e queda en 10.
  • A Pontenova continúa con 11 casos á espera do cribado e segue en alerta media.
  • Trabada, Xove, Mondoñedo, O Vicedo e Alfoz seguen sen casos novos en 15 días e únese agora Ourol.

Terra Chá

Sen cambios na comarca cos concellos con máis incidencia, Guitiriz, Outeiro e Vilalba, á baixa.

  • Vilalba rebaixa a 16 casos, 1 menos que onte.
  • Guitiriz reduce 13 casos e queda en 74 e segue en máxima alerta.
  • Outeiro de Rei reduce 2, cun total de 12 pero segue en alerta media.
  • Rábade tamén está en alerta media malia ter menos de dez casos.
  • Pol, Abadín e Xermade e A Pastoriza continúan limpos de covid.
  • No veciño Concello das Pontes están en alerta media malia baixar 3 casos e quedar en 26.

Centro da provincia

No centro, Lugo está fóra de alerta malia ser o concello con máis casos mentres O Corgo xa ten menos de dez e espera a actualización dos datos da Xunta para estar en alerta media xa que está por debaixo de 500 casos a incidencia. Baralla e Guntín, esperan a mesma actualización pero para pasar o nivel 3.

  • Lugo reduce novamente 12 casos e queda en 217 en total.
  • O Corgo segue no estado de alerta media malia baixar xa dos 13 casos.
  • A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia Cervantes, Ribeira de Piquín, Monterroso, As Nogais, e Antas de Ulla levan limpos varias semanas.

Comarca de Sarria

Sarria está por debaixo dos 10 casos ao igual que Láncara mentres en Samos, Triacastela, O Incio, Paradela Portomarín e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.

Ribeira Sacra

Sen cambios para a comarca que mantén a Monforte, A Pobra de Brollón e Sober en alerta media malia ter menos de 10 casos os dous últimos e Morforte estar xa con valores fóra de alerta.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 44 casos, 9 menos e lle correspondería entrar en nivel 3.
  • Sober e A Pobra de Brollón, malia estar por debaixo de dez casos, seguen en alerta media.
  • Bóveda, Folgoso do Courel e Ribas do Sil seguen sen casos dende hai máis de 15 días e agora únese Carballedo.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16894316673279