A provincia suma 112 casos máis de covid-19 na última xornada

TerraChaXa | AMariñaXa
A provincia suma 112 casos máis de covid-19 na última xornada. A piques está de chegar ao millar de casos activos e queda en 986
92852143_3246931578653407_505619982629994496_n
1 Nov 2020

A provincia de Lugo comeza o mes de novembro sumando 112 casos positivos máis trala última actualización realizada pola Xunta de Galicia. Deste xeito, a piques está de chegar ao millar de casos activos e queda en 986. Unha noticia dura ao encadear un crecemento espectacular en só 24 horas, xa que o sábado foron 119 os casos novos rexistrados tras dous días situados no medio cento.

Xunto con este crecemento, está o aumento tamén de hospitalizacións con 33 en planta e 4 en coidados intensivos, un máis en cada sector. Deles, 22 están en planta no Hula, 4 na Mariña e 7 en Monforte. O número de curados é xa de 3.347 tras 19 altas e o de falecidos continúa en 96. Deste xeito, na provincia xa son 4.428 os casos que se rexistraron dende que comezou a pandemia.

Repecto ao mapa de incidencia, este empeora. Viveiro pasa a nivel vermello, xunto a Cervo, Fonsagrada, Lugo e Monforte, que levan varios días nesta situación. A nivel laranxa volve Burela e Bóveda, que baixaran ao amarelo, e súmanse a Cospeito, que segue nesta situación as últimas xornadas.

Entran en nivel amarelo Monterroso e Palas de Rei, que se suman a Foz, Antas de Ulla, Sarria e Guntín. As únicas boas novas son para Baleira, que pasa a estar en zona verde.

 GALICIA

Mentres, a situación no resto de Galicia segue empeorando tamén e a comunidade ten xa 9.119 casos activos, 785 máis nas úlitmas 24 horas o que fai un total acumulado de 37.362 contaxiados dende marzo.

Galicia continúa en peche perimetral ata polo menos o martes de todas as cidades galegas así como o toque de queda decretado polo Goberno central entre as 23.00 e as 6.00 horas e a prohibición de reunión de máis de 5 persoas. A recomendación das autoridades sanitarias na provincia é evitar xuntarse con persoas non conviventes e o contacto social non necesario.

Tamén se curaron nas últimas 24 horas 430 persoas, o que coloca o total en 27.330. Na outra cara da moeda, faleceron 914, catro delas nas últimas horas.

A área con máis casos  novos volver ser Vigo, con 165 malia baixar 50. Pero, o maior crecemento produciuse en Ferrol, con 136 contaxios novos (72 máis), e na de Pontevedra-O Salnés, con 113 (60 máis). También subiron as áreas sanitarias de A Coruña-Cee, a 131 (só un máis) e Santiago-Barbanza, a 93 (nove máis).

Unha cifra algo menor de contaxios, ademais de en Lugo, rexistrouse en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, onde só se contabilizaron 25 novos positivos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.079263925552368