A próxima edición da Northwest Triman será o 25 de xuño de 2023

TerraChaXa
A novena edición do Northwest Triman, o único tríatlon de longa distancia de Galicia, xa ten data, que será o 25 de xuño de 2023.
Northwest Triman AS PONTES
17 Out 2022

A novena edición do Northwest Triman, o único tríatlon de longa distancia de Galicia, xa ten data para a próxima edición, que será o 25 de xuño de 2023 na zona do lago das Pontes. Así mesmo haberá unha proba de media distancia.
A organización xa ten aberto o período de inscrición co mesmo prezo que os anos anterior a través do sitio Rockthesport.

Trátase dunha proba que se desenvolve nas Pontes dende o ano 2014, como unha cita ineludible para centos de deportistas e persoas amantes do tríatlon.

Nas últimas edicións participaron na competición uns 700 deportistas procedentes de diferentes partes da Península Ibérica.

A proba arrincará nas augas do Lago das Pontes, cun sector de natación de 3,8 km de distancia, nun circuíto de 1,9 km, con saída e chegada na praia, ó que os deportistas terán que dar dúas voltas. A saída para os atletas que compitan en media distancia comezará 15 minutos antes e só terán que dar unha volta no sector de natación.

Continuará co sector de ciclismo. Un circuíto de algo máis de 44 quilómetros no que terán que completar catro voltas (dúas no caso da media distancia) para facer un total de 180 quilómetros que levará ós atletas polos concellos de As Pontes, Xermade e Vilaba.

Por último, o sector de carreira, cos 42 quilómetros da maratón que transcorrerán polas rúas da vila, nun percorrido que dará catro voltas ó mesmo circuíto (dúas no caso da media distancia).

Northwest Triman AS PONTES 2023
0.14893198013306