A próxima fin de semana volverá ás Pontes o cine de estrea

TerraChaXa
O cine de estrea regresa, a próxima fin de semana a As Pontes, tras o descanso estival.
cine de estrea as pontes portada
30 Sep 2023

O cine de estrea regresa, a próxima fin de semana a As Pontes, tras o descanso estival.

Lorena Tenreiro, concelleira de Cultura recorda que o cine é unha das apostas culturais do goberno local con maior acollida entre a veciñanza, especialmente entre o público familiar; " desde o ano 2017, data na que lle ofrecemos á veciñanza acceso a unha carteleira actual e en formato dixital, máis de 31.000 espectadores pasaron pola Casa Dopeso para gozar dos máis de 200 títulos programados. Estas cifran acreditan o respaldo a esta proposta cultural anímanos a seguir apostando por achegar á veciñanza unha programación cinematográfica, de estrea, dixital e de calidade, propia das grandes vilas e pensada para todos os públicos".

A programación do mes de outubro arrancará coa proxección, o sábado 7 de outubro, ás 17:00 horas, do filme Barbie, la película que se proxectará tamén ás 19:30 horas e as 22:00 horas e o domingo ás 17:00 e ás 19:30 horas.

A seguinte fin de semana as películas que se proxectarán serán Richard, la cigüeña y la joya perdida (sábado e domingo, ás 17:00 horas) e Todos los nombres de dios para o público adulto (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas).

A terceira fin de semana estarán en carteleira, para o público familiar, El viaje de Ernest y Celestine (sábado e domingo, ás 17:00 horas) e para o público máis maior Oppenheimer (sábado, ás 18:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas).

Os días 28 e 29 de outubro será a quenda para Campeonex que se proxectará o sábado ás 17:00 horas, ás 19:30 horas e as 22:00 horas e o domingo ás 17:00 e ás 19:30 horas.

O DÍA DO CINE ESPAÑOL

Por outra banda, e como punto de inicio da programación cinematográfica, o Concello das Pontes conmemorará, por terceiro ano consecutivo, o 6 de outubro o Día do Cine Español coa proxección ás 21:00 horas, na Casa Dopeso, do filme Las Niñas de Pilar Palomero na que amosa o paso da nenez á adolescencia e os contrastes entre a educación feminina e a contorna da época. O título obtivo os galardóns á mellor película, mellor dirección novel, mellor guión orixinal e mellor dirección de fotografía na 35ª edición dos Premios Goya 2021.

O día do Cine Español foi instaurado polo Consello de Ministros en marzo de 2021 e que rememora a data oficial do final da  produción do filme Esa pareja feliz (1953) escrita e dirixida por Antonio Bardem e Luis García Berlanga. Esta conmemoración ten como recoñecer o papel das e dos cineastas e a súa influencia e importancia na vida cultural e social do noso país, así como o valor patrimonial do noso cine e a súa transcendencia decisiva na creación da nosa identidade e imaxinario común.

cine de estrea as pontes
0.15782690048218