A quinta edición do Slalom de Guitiriz será o día 4 de maio
A escuadra Scratch Fene organiza por quinto ano consecutivo o Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Roteiro da Auga, que terá lugar o próximo 4 de maio. Trátase dunha proba de carácter nacional e puntuable para o campionato de Galicia de slalom.
A competición iniciarase dende o Campo da Feira de Guitiriz facendo o percorrido pola súa contorna. Trátase dun percorrido de 1.200 metros e unha distancia entre conos de 15 metros.
Todo equipo que desexe participar na proba ten que cumprimentar telematicamente en www.fga.es o formulario de inscrición. A falla de calquera dos datos requiridos no formulario de inscrición suporá o recusamento da mesma.
As solicitudes de inscrición admitiranse ata o luns 29 de abril ás 20:00 horas.
Repartiranse un total de 950 euros en premios. O primeiros recibirá 300 euros e o oitavo 50.
Desta volta será Xoldra Gutiirz Pub Zeus quen premie con 300€ a millor pilotaxe feminina.