A Rapa das Bestas de Campo do Oso inaugura o calendario deste tipo de celebracións

TerraChaXa | AMariñaXa
A organización da Rapa das Bestas de Campo do Oso situado na estrada de Mondoñedo á Pastoriza, volverá a ter a Rapa das Bestas.
Rapa das Bestas de Campo do Oso 2022 1
Rapa das Bestas de Campo do Oso 2022 1
27 Maio 2023

A Rapa das Bestas de Campo do Oso situado na estrada de Mondoñedo á Pastoriza, e pertencente a parroquia de San María Maio, volverá a ter este ano a súa tradicional Rapa das Bestas.

Esta tradicional festa é a que abre o calendario deste tipo de celebracións, xa que se fai o último domingo do mes de xuño, será o vindeiro 25 de xullo e está organizada pola Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega, Puraga.

Os asistentes a esta celebración e tralo peche dos cabalos no curro para a súa rapa e marcado, poderán gozar coa sesión vermú amenizada por un grupo musical e coa degustación de poldro galego.

A xornada comezará coa saída dos xinetes para a baixada dos animais ata o curro, e sobre a media mañá dará comezo a rapa e o marcado e ao remate, será a sesión vermú coa presenza de polbería e churrasco.

0.076674938201904