A Rapa das Bestas de Carballo, en Friol, reuniu decenas de cabalos e a centos de persoas
A comunidade do monte veciñal de Carballo, en Friol, viviu outra intensa xornada este domingo na súa tradicional Rapa das Bestas, unha actividade que forma parte dun proxecto que naceu co orgullo de colaborar na recuperación do Cabalo Pura Raza Galega.
A celebración tivo lugar no curro de Sete Fontes, desde primeira hora da mañá coa colaboración de voluntarios e veciños, que recolleron o gando do monte, que se contou con decenas. A parte máis espectacular foi a separación do poldros e a pelexa corpo a corpo entre aloitadores e bestas para realizar os axeitados tratamentos sanitarios.
Centos de persoas acudiron a esta parroquia de Friol para desfrutar dun espectáculo único, moi característico de Galicia, que se desenvolveu desde primeira hora cun tempo caluroso.