A Rede Museística da provincia cumpre 18 anos traballando na mellora da accesibilidade

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
As persoas con capacidades diferentes supoñen máis do 15 por cento do persoal dos museos – por riba do 10 por cento ao que as administracións están obrigadas por lei
mobilidade-museos-lugo
15 sep 2024

A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da Rede Encarna Lago e persoal dos museos e das entidades colaboradoras reuníronse para poñer en relevo a “maioría de idade” do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade, que desenvolve as accións encamiñadas nesta liña.

Iria Castro valorou “o traballo realizado ao longo destes anos con actuacións de diferente índole, desde intervencións arquitéctonicas ata a instalación de sinalética, ou a implmentación de estratexias de comunicación e a adquisición de materiais para facilitar que todas as persoas poidan acceder ao patrimonio e ás actividades dos museos” e tamén “a incorporación ao persoal dos museos de traballadoras e traballadores con capacidades diferentes, que colaboran e impulsan ese proceso de mellora continúa que seguiremos apoiando para lograr espazos cada vez máis accesibles, integradores e igualitarios”.

Encarna Lago agradeceu “a colaboración do terceiro sector e das súas profesionais, fundamentais neste camiño de 18 anos que comezou coa creación do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesiblidade e no que fomos tecendo redes e aprendendo ao seu carón” e valorou destacou o recoñecemento logrado nesa labor por parte de entidades como a ONCE, coa que mantemos diversas liñas de colaboración para programar exposicións táctiles ou formar parte do Comité de Honra da Bienal de Arte Contemporánea”.

As persoas con capacidades diferentes supoñen máis do 15 por cento do persoal dos museos – por riba do 10 por cento ao que as administracións están obrigadas por lei -.

Implementación dos códigos Navilens

A Rede Museística Provincial ultima a implementación nos catro museos dun novo sistema de comunicación para facilitar que as persoas con baixa ou nula visión poidan moverse de forma independente no interior dos museos mediante un sistema de guiado con instrucións vocais.

A través duns códigos de cores situados en distintos puntos dos museos que poden ser identificados por dispositivos móbiles a unha distancia de ata 10 metros (sen necesidade de seren enfocados con precisión por cámaras), as persoas que visiten os museos poderán obter información accesible en tempo real sobre o espazo e as obras de arte. O sistema, que se porá en funcionamento nos catro museos de forma completa o 10 de outubro, funciona a través da aplicación Navilens.

0.061542987823486