A Rede Museística ofrece unha visita virtual comentada

TerraChaXa
Dentro das actividades organizadas pola Rede Museística da Deputación de Lugo, baixo a denominación Musea: a vacina que inmuniza, que teñen por obxecto facer máis levadeira a cuarentena e, ao mesmo tempo, continuar co noso traballo de educación e difusión dos contidos dos nosos museos, mañá luns, día 30 de marzo, dará comezo unha nova actividade desta Rede na que se pretende asociaciar os Obxectivos de Desenvolvento Sustentable, Código ODS 2030, con pezas existentes nos catro museos que integran a Rede Museística da Deputación (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor).
31 Mar 2020

Así o martes, día 31, ás 6 da tarde, haberá unha visita virtual comentada ás seguintes pezas Pote da cociña e Espido (nena) de Corredoyra, visita que ten particularidade de ser dialogada, pois se trata dunha visita participativa que se pode realizar a través dos seguine enlace: https://zoom.us/j/184732549

0.17578387260437