A reforma da rúa Cabanas das Pontes entra na súa fase final

TerraChaXa
As obras de renovación de servizos públicos  e pavimentos na rúa Cabanas, un proxecto, financiado a través do POS 2022 da Deputación da Coruña, cun orzamento de 195.
rua cabanas as pontes
13 Dec 2023

As obras de renovación de servizos públicos  e pavimentos na rúa Cabanas, un proxecto, financiado a través do POS 2022 da Deputación da Coruña, cun orzamento de 195.452 euros, entra na súa fase final coa execución da nova capa de rodaxe

Así, hoxe, a partir das 08:00 horas, pecharase a rúa ao tráfico para proceder a extensión dunha capa de rodaxe de mistura quente, unha vez finalizada a renovación das beirarrúas do viario na que se apostou pola eliminación das barreiras arquitectónicas.
Esta actuación ademais permitiu a execución dunha nova rede de recollida de augas pluviais separativa, nas dúas marxes da rúa. Unha rede dotada cos correspondentes sumidoiros, con arquetas de recollida de acometidas das vivendas, e que ten como obxectivo prioritario o control do aporte de augas limpas ao sistema de depuración municipal.

A actuación tamén incluíu a execución dunha nova canalización para a iluminación pública, ao longo de toda a beirarrúa dereita, e a substitución da canalización de alimentación desde o cadro xeral a toda a zona para iluminación e comunicación.

As obras tamén contemplaron a instalación de mobiliario urbano; bancos, papeleiras e xardineiras, realizadas en madeira de elondo, vernizado especial e accesorios de aceiro inoxidable. Os traballos rematarán coa reposición da sinalización viaria.

0.097728967666626