A Regueira acolle un taller sobre igualdade contra a violencia de xénero
TerraChaXa
O Concello da Pastoriza acollerá este sábado o Taller de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural de Lugo, deconstruíndo unha realidade.
22 Nov 2019
O Concello da Pastoriza acollerá este sábado o Taller de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural de Lugo, deconstruíndo unha realidade. Trátase dunha iniciativa da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo en colaboración coa Deputación que se está a desenvolver por moitos concellos da provincia de Lugo.
Na Pastoriza impartirase o sábado 23 de novembro, ás 12 horas, no local social da antiga escola da Regueira. Os interesados en obter máis información poden solicitala no teléfono 982 203 721.