A rehabilitación da Reitoral de Xermade rematará antes de setembro de 2026
O goberno municipal de Xermade mantivo unha reunión coa arquitecta local Luz Paz Agras, da Universidade da Coruña, que forma parte do equipo redactor do proxecto de rehabilitación da Reitoral de Xermade.
O obxectivo da xuntanza era dar a coñecer o estado de elaboración do proxecto de execución desta obra, que resultou beneficiaria dunha axuda por importe de 403.000,00 euros por parte do Instituto de Transición Xusta do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. Na reunión estiveron presentes tamén a secretaria-interventora e a técnica de urbanismo do Concello de Xermade.
Segundo o calendario previsto na addenda ao convenio asinado entre o Concello de Xermade e a Universidade da Coruña no 2023, o proxecto de execución debe estar ultimado o 31 de outubro de 2023, a fin de que a obra poda licitarse e estar adxudicada en febreiro de 2024, dado que o prazo de execución das obras estímase en 14 meses. O goberno municipal agarda que as obras estean rematadas no 2026, coincidindo co XXV aniversario do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade.