A rehabilitación do Ceip Álvaro Cunqueiro Mora comezará en breves

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo acaba de conceder a licenza de obras para a rehabilitación integral do Ceip Álvaro Cunqueiro Mora e que se iniciarán en breve.
22 Xuño 2020

O Concello de Mondoñedo acaba de conceder a licenza de obras para a rehabilitación integral do Ceip Álvaro Cunqueiro Mora e que se iniciarán en breve.

O proxecto contempla a mellora da eficiencia enerxética, adecentamento, accesibilidade, renovación de acabados e redistribución parcial; mantendo o equipamento existente. Polo tanto, renovarase a envolvente térmica, instalarase un sistema SATE, renovaranse fiestras e caixas de persianas; así coma luminarias.

Tamén está prevista a demolición dunha pequena edificación auxiliar de planta baixa da esquina sur leste e a reforma interior na edificación incluíndo a redistribución parcial dos aseos e do ximnasio, a instalación dun ascensor e falsos teitos; ademais de pulir os pavimentos.

0.17007517814636