A parroquia de Reigosa acolle unha nova actividade educativa

TerraChaXa
A Asociación de Veciños de Reigosa continúa coas actividades dentro do proxecto educativo Acolar 0-3, dirixido á estimulación dos pequenos.
actividade pedagoxica reigosa portada
actividade pedagoxica reigosa portada
3 Feb 2023

A Asociación de Veciños de Reigosa, na Pastoriza, continúa coas actividades dentro do proxecto educativo Acolar 0-3, dirixido á estimulación dos pequenos. Nesta ocasión impartirá unha sesión de provocación pedagóxica dirixida a nenos de ata 6 anos.

Será o día 5 de febreiro, domingo, a partir das 17.30 horas no local sociocultural de Reigosa. E para participar será necesario unha inscrición previa, paso necesario para organizar as actividades que se van desenvolver. O prezo será de 5 euros para os non socios, e de balde para os socios.

O último día para anotarse é o martes 3 de febreiro cos membros da asociación.

actividade pedagoxica reigosa
0.10740303993225