A residencia de maiores de Vilalba volve pechar ao público ata o 6 de setembro
TerraChaXa
Debido á situación epidemolóxica da covid-19 no concello de Vilalba e proximidade das festas patronais, a residencia de maiores acordou o peche da residencia ás visitas ata o domingo 6 de setembro inclusive, esta data poderá ser ampliada segundo evolucione a situación.
28 Aug 2020

Esta medida tómase como cautelar, xa que aínda que non hai programa de festas espéranse concentracións de familias como é tradicional na zona e queren evitarse contaxios ao colectivo de máis risco.
Non é este o único centro onde se tomaron medidas, xa que así se fixo tamén en todos os xeriátricos do municipio de Lugo.