A Residencia de Pol pasa a nome da Deputación

Pol
TerraChaXa
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que o Goberno está a pór a nome da Deputación os centros de maiores de Trabada, Pol e Castroverde, é dicir, a incluír no inventariado de bens do organismo provincial estes bens, como titular dos mesmos; ao tempo que ordenou extinguir a encomenda de xestión de SUPLUSA sobre o centro de maiores da Fonsagrada (pois era outra encomenda máis ou diferente a das restantes residencias) para inventariala tamén e poder solicitar o seu correspondente Permiso de Inicio de Actividade –PIA-, pois a Sociedade Urbanística Provincial non o tiña feito a diferenza dos outros centros.
residencias mayores
25 Jun 2018

As de Trabada, Pol, Castroverde e A Fonsagrada son as residencias que están totalmente rematadas. Estanse a concluír as de Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil, que serán as seguintes en inventariar na Deputación. A de Ribadeo xa figura a nome do Concello, pois foi construída dende o municipio con fondos do organismo provincial.

Campos Conde explicou que estes asuntos foron tratados na Xunta de Goberno, órgano ao que se deu conta da sentencia da Audiencia Provincial de Lugo e do informe público da Universidade da Coruña, que avalan ao Executivo Provincial.

A sentencia anula os Estatutos de SUPLUSA que propuxo o PP, así como o Consello de Administración resultante desta modificación estatutaria e os acordos adoptados polos mesmo, sendo todos no que atinxe á rede pública de residencias e centros de día construídos con fondos públicos da Deputación nos Concellos.

O informe público da UDC mantén que SUPLUSA perdeu a súa condición de medio propio por todas as decisións adoptadas por dito Consello ao marxe da Deputación, e que esta perda foi ratificada polo órgano competente para facelo: a Xunta de Goberno.

O Presidente informou que esta mesma semana mantivo outra reunión cos Alcaldes de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Ribadeo, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil, na que tamén participaron os técnicos, para: 1).- asinar os convenios de colaboración aprobados que garanten que as 190 prazas de residencia e 90 de centro de día que ofrecen os 6 centros de maiores que financiou a Deputación nestes municipios sexan para veciños da provincia (primeiro para os do Concello, logo para os da Comarca ou Bisbarra e seguidamente para lucenses en xeral) e que o acceso ás mesmas sexa universal, é dicir, con independencia da capacidade económica dos usuarios, ofrecendo axudas económicas dende a Deputación. 2.-) Ultimar o regulamento de acceso e a ordenanza fiscal que regula os prezos das prazas; documentos que están practicamente listos. O obxectivo de Deputación e Concellos é abrir as primeiras residencias entre finais deste ano e principios de 2019.

0.17962408065796