Este sábado celébrase a reunión anual de escolares da Xestosa
Os alumnos que asistiron á escola unitaria da Xestosa, en Muras, celebrarán unha nova xuntaza este sábado tras dous anos sen celebración debido á pandemia. Deste modo a que será a novena reunión será o este sábado 17 nunha cita obrigada de cada verán.
O obxectivo desta reunión é por en contacto a todos aqueles que fixeron os seus estudios entre os anos 1973 e 1986, ano de peche da escola.
O evento reúne habitualmente a preto dun centenar de persoas e conta cun programa de actividades que dará comezo cunha misa ás 13.30 horas, á que seguirá unha comida de confraternidade, na que non faltarán as charlas e anécdotas daqueles tempos.
Trala comida, haberá competicións de xogos tradicionais como tirar da corda, a petanca, a chave ou a rá.
Tamén haberá música a cargo de Spontaneos á tardiña.
Os interesados en asistir a esta xuntanza, que conta coa colaboración do Concello de Muras, poderán facer as súas reservas nos teléfonos 609 053 324, 669 311 593 ou 600 551 212. O prezo da comida, que constará de callos, churrasco, postre, café e chupito, será de 25 euros.
ROTEIROS PARALELOS
Paralelamente, a asociación Amigos dos Cabalos, Atila, organiza un roteiro que sairá de Verxeles, en Viveiro para percorrer o novo trazado do Camiño de Santiago ata chegar á capela de san Antonio da Xestosa, onde se sumarán ao xantar popular.
Tamén haberá un roteiro a pé dentro do programa de impulso ao Camiño do Nordés, que levan a cabo os concellos de Viveiro, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba. Ao longo do ano desenvolvéronse varios tramos do Camiño e nesta ocasión lle toca a vez ao treito Viveiro-Ourol, de 12 quilómetros.
Arrancará ás 10.00 horas de Viveiro de cara a a Landrove, pasando por Toxeiras, Vilares, Caballas, Cruz do Pousadoiro, Lamas, Leborada e Cadabosa.
Ao finalizar, tamén se sumará ao xantar popular en San Antonio da Xestosa.