A RFGF comunicou a listaxe de ascensos e elimina os descensos

TerraChaXa
Trala suspensións das competicións deportivas en toda Galicia a mediados do mes de marzo e ante a imposibilidade de prolongar durante mási tempo a competición, a Federación Galega de Fútbol e Fútbol Sala (RFGF) decidiu dar por rematada a competición esta semana ratificando 23 ascensos en todas as categorías do fútbol de aficionados, femenino, base e veteráns.
100509543_160272315508451_3082043354511310848_n
31 Maio 2020

Trala suspensións das competicións deportivas en toda Galicia a mediados do mes de marzo e ante a imposibilidade de prolongar durante mási tempo a competición, a Federación Galega de Fútbol e Fútbol Sala (RFGF) decidiu dar por rematada a competición esta semana ratificando 23 ascensos en todas as categorías do fútbol de aficionados, femenino, base e veteráns. A parte positiva do comunicado é que non haberá descensos, agás uns moi determinados na categorías de base.

Todos os equipos que ocupaban postos para cambiar de categoría antes do parón polo coronavirus ven cumprido o seu obxectivo e militarán nunha categoría superior. O equipo de maior categoría que eleva o seu status, regresando a Terceira División despois de 14 tempadas en Preferente é o Viveiro, que se proclama campión do Preferente Norte.

AUTONÓMICA

Outro equipo que abandona a máxima categoría autonómica, tras dous anos de estadía, pola Preferente é o Escairón, que dominaba con claridade a táboa. Os de Javier Montoto avantaxaban en 11 puntos ao segundo clasificado, Santaballés, con 9 xornadas por disputar. No cambio acompáñao os chairegos do Santaballés, que foi de menos a máis no campionato e que finalmente conseguiu terminar por enriba do Pol e Chantada.

Tamén quedou confirmado xa o ascenso a Primeira do Pontenova por diante do San Ciprián debido ao seu mellor golaverage xeneral, con ambos os equipos igualados a puntos. O Pontenova acompañará a Primeira ao Alfoz, campión do grupo Norte, que asina o seu segundo ascenso consecutivo, e ao San Lázaro e Portomarín, que acabaron primeiro e segundo do grupo Sur, respectivamente.

Seis equipos soben de Terceira a Segunda esta tempada, algún deles xa o tiña matematicamente pero agora quedaron confirmados. Así xa son de Segunda o Fonsagrada, Matela, Spórting Lucense e Milagrosa. Ao non haber play off tamén ascenden SD Viveiro e o Antas.

No fútbol feminino, o único ascenso lucense foi o do CD Lugo SAD, que se proclama campión de Segunda e xogará a próxima tempada en Primeira, mentres que en veteranos soben a División de Honra os tres primeiros de Primeira Autonómica, Codesido, Rábade e Santaballés.

FÚTBOL BASE

No fútbol base tamén hai outros ascensos referentes á provincia de Lugo. O Polvorín e o Calasancio xuvenil, o Ribadeo e o Calasancio cadete e o Residencia infantil pasan a Liga Galega, mentres que o CD Foz, o Becerreá e o Palas soben a Primeira Autonómica.

Nas categorías infantil feminina así como en alevíns, benxamíns e prebenxamíns non se produce ningún movemento xa que non está establecido xa nas bases.

FÚTBOL SALA

A Federación Galega de Fútbol notificou tamén os ascensos de categoría do fútbol sala autonómico desde Preferente cara abaixo, incluíndo tamén as competicións femininas e de base. O peche posibilita o cambio de categoría para todos aqueles equipos que ocupaban prazas de ascenso, o que inclúe a oito escuadras lucenses, dúas masculinas e dúas femininas de afeccionados e catro de categorías inferiores.

O Concello de Begonte e o Ourol son os dous equipos masculinos que cambian de categoría. O primeiro militará en Terceira División tras ser proclamado campión de Preferente e a esta categoría chega o Ourol polo seu título da Primeira Galicia.

O fútbol sala feminino tamén depara unha dobre alegría cos ascensos de Primeira feminina a Preferente do Peixes Rubén Burela FSF B e do Lieders, este último por mellor coeficiente deportivo entre os grupos. As competicións de base levan ao Lugo Salga Keeper cadete á División de Honra, mentres que o Piringalla Auxiliadora, tamén de cadetes, militará na liga Galega da categoría . Tamén á competición autonómica ascende o CP Casás infantil. O equipo máis novo en ascender foi o ADC Lugo Salga alevín, que militará na liga Galega.

A mellor noticia para os conxuntos bases é que non haberá descensos polo que os equipos da provincia que se atopaban en perigo nas categorías autonómicas, en especial nas categorías de base, poderán continuar o ano que vén na máxima competición.

99116598_2928421000528430_3814810130063556608_n
0.20578980445862