A Rigueira celebra a segunda xornada das festas de San Vicente este sábado

TerraChaXa
A xornada contará tamén con sesión vermú e culminará cunha gran verbena protagonizada polo dúo Venus
Fogos artificiais
15 Jan 2026

A localidade da Rigueira, no municipio de Pastoriza, prepárase para vivir a súa segunda fin de semana con motivo das festas na honra a San Vicente 2026, xa que a primeira tivo lugar o pasado 11 de xaneiro.

A celebración retomarase este sábado 17 coa misa ás 13:30 horas e a procesión. A xornada contará tamén con sesión vermú e culminará cunha gran verbena protagonizada polo dúo Venus.

Todos os eventos desenvolveranse nun campo cuberto con carpa e calefacción, ofrecendo comodidade a todos os asistentes. Están organizadas pola comunidade do Monte Veciñal Mancomún Mudia e coa colaboración de Espectáculos Miño.

⚙ Configurar cookies
0.090368032455444