A Rigueira celebra a segunda xornada das festas de San Vicente este sábado
TerraChaXa
A xornada contará tamén con sesión vermú e culminará cunha gran verbena protagonizada pola orquestra Manhattan
24 Jan 2025
A localidade de A Rigueira, no municipio da Pastoriza, prepárase para vivir a súa segunda fin de semana repleta de actividades con motivo das Festas na Honra a San Vicente 2025, a que a primeira tivo lugar o pasado 18 de xaneiro.
A celebración retomarase este sábado 25 coa misa ás 13:30 horas e a procesión acompañada por gaitas galegas. A xornada contará tamén con sesión vermú e culminará cunha gran verbena protagonizada pola orquestra Manhattan.
Todos os eventos desenvolveranse nun campo cuberto con carpa e calefacción, ofrecendo comodidade a todos os asistentes. Están organizadas pola comunidade do Monte Veciñal Mancomún Mudía e coa colaboración de Espectáculos Miño.