A Rigueira de Xove festexará o San Miguel o 28 e o 29 de setembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 sep 2019

As festas na honra de San Miguel celebraranse o 28 e 29 de setembro na parroquia xovense da Rigueira.

Actuarán o grupo Fénix e o dúo Merengue a partir das 22.30 horas na verbena o sábado, 28.

O domingo 29, ás 13.30 horas, celebrarase unha misa solemne, seguida de procesión e dunha sesión vermú co dúo Merengue como encargado de amenizar o festexo.

0.1368420124054