A Rigueira festexa a San Pedro esta fin de semana

TerraChaXa
O sábado 28, a xornada comezará coa misa solemne, a procesión e unha sesión vermú a cargo do grupo Jaque
banderines-festas-patronais
27 Jun 2025

A parroquia da Regueira, no concello da Pastoriza, celebrará as súas festas na honra a San Pedro os días 28 e 29 de xuño de 2025 cun programa cheo de música e tradición.

O sábado 28, a xornada comezará coa misa solemne ás 14:00 h, seguida da procesión e dunha animada sesión vermú a cargo do grupo Jaque. Pola noite, a festa continuará cunha verbena na que actuarán o propio grupo Jaque e a formación Costa Dorada, que chega coa súa xira Inolvidable Tour 2025.

O domingo 29 repetirase o esquema festivo: misa e procesión ás 14:00 h e sesión vermú, nesta ocasión amenizada polo grupo Fuxsión Latina, que porá o broche de ouro ás celebracións. As festas están organizadas coa colaboración do Monte Veciñal Mancomún Mudia e diferentes entidades locais.

⚙ Configurar cookies
0.16762900352478