A Rigueira, na Pastoriza celebra un magosto este sábado

TerraChaXa
A organización establece unha entrada de 12 euros para socios e 15 euros para non socios
masgosto-a-rigueira
31 Out 2024

O Teleclub da Rigueira acollerá o próximo 2 de novembro o Magosto 2024, un evento que comezará ás 14:00 horas e ofrecerá un auténtico festín con produtos típicos da gastronomía galega. Os asistentes poderán desfrutar de pan da casa, bolas de liscos, cacheira, lacón, chourizos e, como non podía faltar, as tradicionais castañas asadas.

A organización establece unha entrada de 12 euros para socios e 15 euros para non socios, sendo gratuíto o acceso para os menores de 12 anos. O aforo é limitado, polo que recoméndase inscribirse con antelación no teléfono de contacto: 600 57 33 31.

O evento promete ser unha xornada de encontro e celebración, na que veciños e visitantes poderán compartir mesa e desfrutar dos sabores do outono galego.

0.16687798500061