A Romaría da Capela de Bascuas celebrarase o 15 de agosto cunha xornada para todas as idades

A Capela de Bascuas acollerá o vindeiro 15 de agosto a tradicional romaría, que contará cunha intensa programación relixiosa e lúdica pensada para o desfrute de veciños e visitantes. As misas celebraranse ás 13:00 e 13:30 horas, sendo este o inicio dun día cheo de actividades.
Ás 15:00 terá lugar un xantar campestre servido pola recoñecida Pulpería Taboada de Melide. O menú inclúe polbo, churrasco, sobremesa e café, cun prezo de 30 euros por persoa. As reservas deben formalizarse antes do 10 de agosto, dispoñendo dos teléfonos de contacto de Ceci e Angelín para formalizalas.
A música será protagonista ao longo da tarde e da noite, da man de Ruth Cundíns e o dúo Venus, que tamén se encargarán da sesión vermú. A festa continuará con sorteos e inchables gratuítos para os máis pequenos, garantindo diversión para toda a familia.
Xa entrada a noite, os asistentes poderán degustar liscos de balde, nun ambiente animado.