A romaría da Madalena será substituída este ano por unha xuntaza con sesión vermú
TerraChaXa
Será o domingo 21, ás 12.30 horas
Imaxe de arquivo
20 Xul 2024
A parroquia vilalbesa de Mourence acollerá este domingo, 21 de xullo, unha xuntanza con sesión vermú para substituír á Romería da Madalena, que este ano non se celebrará.
Haberá oficio relixioso ás 12.30 horas na capela do mesmo nome e seguidamente terá lugar a sesión vermú, que estará ao cargo da Minibanda de Música de Vilalba, na finca ao lado do bar do río, onde se celebra a festa.
A asociación A Madalena invita á veciñanza a acudir a esta cita ao mesmo tempo que invita a organizar a Romería o próximo ano.