A rúa da Pravia cambiará de sentido de circulación a partir do 9 de novembro

TerraChaXa
Para facilitar a transición, están previstos varios traballos previos de sinalización e pintado na vía
rua-da-pravia-vilalba
31 Out 2024

O Concello de Vilalba informa á veciñanza que o cambio de sentido de circulación na rúa da Pravia será efectivo o sábado 9 de novembro ás 10:00 horas. Para facilitar a transición, están previstos varios traballos previos de sinalización e pintado na vía.

O xoves 7 de novembro comezarán as modificacións na sinalización para adaptar a rúa ao novo sentido de circulación. O venres 8, a rúa pecharase brevemente ao tráfico para realizar os traballos de pintado necesarios.

Ademais, o sábado 9, prohíbese o estacionamento entre as 9:00 e as 10:00 horas para que os vehículos poidan aparcar xa seguindo a nova dirección.

Esta medida enmárcase nos plans de mobilidade e mellora do tráfico promovidos pola Vicealcaldía, co obxectivo de optimizar a circulación e facilitar o acceso ao comercio local.

0.13464188575745