A Rumboia organiza en Abadín unha ruta este domingo

TerraChaXa
A Asociación Xuvenil a Rumboia de Abadín organiza este domingo unha visita á ruta dos Muíños, que dará comezo ás 9.30 horas en Corvite.
roteiro polos muinos corvite abadin portada
27 Xul 2022

A Asociación Xuvenil a Rumboia de Abadín organiza este domingo, 31 de xullo, unha visita á ruta dos Muíños, que dará comezo ás 9.30 horas no muíño de Corvite.

Os participantes desfrutarán dunha visita a este muíño guiada por Magín Rus, onde se amosará o traballo de restauración realizado.

Xusto despois comezará a ruta que transcorre polas parroquias de Corvite e Abeledo durante un percorrido de 5,7 quilómetros adecuado para todos os públicos.

A previsión e rematar sobre as 12.15 horas.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse nos teléfonos 659 174 701 e o 647 892 259 e no correo asociacionxuvemilarumboia@gmail.com.

0.097215175628662