A Ruleta da Sorte chega a Rábade
O Concello de Rábade acollerá este martes, 19 de xuño a campaña Ruleta da Sorte, da Federación de Comercio de Lugo e coa que se pretende incentivar o comercio de proximidad.
A iniciativa desenvolverase durante toda a xornada e repartirá máis de 200 agasallos entre os clientes que presenten un ticket de compra dos establecementos de proximidade de Rábade, que realizaran unha ou varias compras entre o 12 e o 19 de xuño, por importe mínimo de 10 euros. O sorteo terá lugar ás 12.00 horas, no lugar de ubicación da ruleta, na praza de España desta localidade.
A Ruleta da Sorte está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria-Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Novogal e a Asociación de Comerciantes de Rábade.
O arranque da ruleta contará coa presencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; a presidenta da Asociación de Comerciantes de Rábade, Dolores Lage; e o alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes.