A Ruleta da Sorte da Federación de Comercio de Lugo chega a Lourenzá

TerraChaXa | AMariñaXa
A Ruleta da Sorte da Federación de Comercio de Lugo chega a Lourenzá, o día 13 ás 11.
12 Xuño 2019

A Ruleta da Sorte da Federación de Comercio de Lugo chega a Lourenzá, o día 13 ás 11.00 horas na praza do Conde Santo da vila.
A iniciativa desenrolarase entre as 11.00 e as 14.30 horas e repartirá máis de 300 agasallos entre os clientes que presenten un ticket de compra dos establecementos asociados de Lourenzá, que realizaran unha ou varias compras entre o 4 e o 11 de xuño, por importe mínimo de 10 euros. Cada persoa pode tirar ata un total de 3 veces.
A Ruleta da Sorte está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria-Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Novogal e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Lourenzá; e visitará 10 localidades lucenses entre os meses de xuño e xullo.
O arranque da ruleta contará coa presencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; a tesoreira de ACIA Lourenzá, María Fe de la Barrera; e a alcadesa de Lourenzá, Rocío López.
A continuación, ás 11.30 horas, terá lugar a entrega do premio de 300 euros da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que lle correspondeu a Ma Soledad López Cajoto, por unha compra realizada en Suministros O Candado. A entrega terá lugar neste establecemento, ubicado en Rúa As Plazas, 8.

0.12816691398621