A Ruleta do Comercio de Lugo estará en Xove

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Ruleta da Federación de Comercio de Lugo chega o venres 2 de outubro a Xove.
69816731_1778082312335231_5302005563473788928_o
30 sep 2020

A Ruleta da Federación de Comercio de Lugo chega o venres 2 de outubro a Xove. Esta estará a partir das 11.00 horas, na praza do Concello.

A iniciativa desenrolarase entre as 11.00 e as 14.30 horas e repartirá máis de 200 agasallos entre os clientes que presenten un ticket de compra dos establecementos asociados de Xove, que realizaran unha ou varias compras dende hoxe ata o día 2, por importe mínimo de 10 euros. Cada persoa pode tirar ata un total de 3 veces.

A Ruleta está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia -Dirección Xeral de Comercio, Novogal e a Asociación de Comerciantes de Xove.

0.11074995994568