A Rumboia organiza unha andaina polo Xistral
A Asociación Xuvenil A Rumboia de Abadín inicia este domingo, 4 de xullo a súa andaina, organizando unha actividade para compartir o patrimonio natural e para iso celebrará unha marcha pola contorna da Serra do Xistral. Terá o seu inicio ás 10.00 horas dende o campo da feira de Gontán.
Esta actividade está dirixida a todos os públicos. En función da demanda organizaranse grupos de nivel (algún grupo terá que pasar a realizar a actividade a tarde do domingo). Trátase dunha distancia de 9 quilómetros de dificultade media/baixa e unha duración de dúas horas.
Recoméndase levar material, roupa e calzado cómodo. Os bastóns serán cedidos pola UDCe proporcionarase un pequeno avituallamento ao finalizar o percorrido.
A data límite de inscripción é o sábado 3 de xullo. Esta pode facerse por teléfono no 659 174 701 ou 647 892 259 e por correo na asociacionxuvenilarumboia@gmail.com.