A Rumboia organiza unha excursión a Sober o día 31 de outubro

TerraChaXa
A excursión é totalmente gratuíta e inclúe transporte, guía e comida
crise-viticola-ribeira-sacra
25 Out 2024

O colectivo A Rumboia de Abadín organiza o vindeiro xoves 31 de outubro unha excursión ao concello de Sober, con saída ás 9:30 horas dende o colexio de Abadín. A actividade inclúe visitas a varios puntos de interese da zona, como a Granxa Gayoso Castro, centro dependente da Deputación de Lugo, e a Reitoral de Gundivós, onde se realizará unha demostración de olaría tradicional. Ademais, está prevista unha parada nun miradoiro sobre o canón do Sil e a visita a unha adega da subzona de Amandi, famosa pola súa produción de viños.

A excursión é totalmente gratuíta e inclúe transporte, guía e comida. As prazas son limitadas, polo que se recomenda anotarse previamente contactando con Antonio ou Iván, mediante os números de teléfono 647 892 259 e 659 174 701. Esta actividade está organizada pola asociación en colaboración coa Deputación de Lugo dentro do programa Coñece a túa provincia.

0.19685888290405