A Rumboia organiza unha Foliada o día 22 en Gontán

TerraChaXa
Uns quince grupos participarán a partir das 17.30 horas nunha sesión na que haberá liscos, chourizos e viño quente
foliada-rumboia-abadin
13 Feb 2025

O vindeiro sábado 22 de febreiro celebrarase a II Foliada A Rumboia no Caseto da Feira de Gontán, un evento que promete unha xornada chea de música tradicional e bo ambiente.

A festa comezará ás 17:30 e contará cunha ampla programación de actuacións a cargo de diversos grupos como Asubiños, Meniñ@s da Mariña, Beteluma, Os do 21, Cordenaia, No Cómbaro, Cara Cas, Batifoula, A.C. Andrade, Entre Lusco e Fusco, Asubiños da Chaira, Canavella, Mestura de Nete, Buxos Verdes e Árdelle o Eixo.

Ademais da música, o público poderá gozar de gastronomía tradicional con liscos, chourizos e viño quente, ofrecendo así unha experiencia completa que combina cultura, tradición e boa comida.

A organización corre a cargo da Asociación A Rumboia, que continúa apostando por este evento como un referente na dinamización cultural da comarca. A foliada conta tamén coa colaboración do Concello de Abadín, Estrella Galicia e a Deputación de Lugo a través da área de Cultura.

Aqueles interesados en obter máis información poden seguir as redes sociais da organización para estar ao tanto de todas as novidades.

0.16894388198853