A Run Foz Run disputarase o 10 e o 11 de agosto
A décimo primeira edición da Run Foz Run, a carreira popular do Concello de Foz, ultima os preparativos para disputarse os días 10 e 11 de agosto. A primeira xornada está prevista unha andaina pola localidade, charlas técnicas sobre nutrición e deporte en xeral, unha feira do corredor onde poderá atopar consellos por exemplo sobre o tipo de pisada e as zapatillas correspondentes e mesmo artigos á venda, xogos e a música en vivo dun disc jockey de 17 a 20.00 horas. Tamén se empezarán a entregar os dorsais.
O 11 de agosto será o día da proba como tal, de sete kilómetros en categoría absoluta, de dous kilómetros para os cadetes, outros tantos para os infantís e un só kilómetro para os alevíns. Os máis pequenos tamén poderán sumarse cos 800 metros previstos para os benxamíns e os 150 para os pícaros. As probas comezarán ás 10 e está previsto que rematen ás 13.00 horas. As inscricións pódense ir formalizando na web de championchipnorte.com ata o 9 de agosto e se non, presencialmente ao chegar ao encontro deportivo.